Saltar ao contido principal

Un autor que parece Roald Dahl

Algúns chámanlle o novo Roald Dahl pois o seu estilo ten moito parecido co do gran autor galés, pero David Walliams é moito máis ca un escritor de éxito. É actor, cómico, presentador de televisión, deportista e activista. Leva vendidos máis de catro millóns de libros desde que se iniciou na sempre esixente tarefa de escribir para o público infantil.

Pois ben, o pasado mércores na aula de sexto de primaria, Sonia Santamaría elixiu un dos seus libros para presentarllo ao resto da clase. O título seleccionado foi La increíble historia de la dentista demonio (Demon Dentist, 2013). Sonia leunos con moita animación o primeiro capítulo, o que conta a disparatada visita de Alfie, o protagonista da historia, ao seu incorrixible dentista. Este libro seguro que fará as delicias de todos os nenos e nenas que teñan a sorte de achegarse á obra de David Walliams. Por certo, acaba de saír editado hoxe mesmo un novo libro que leva por título Grandpa Great Escape, é dicir, algo así como a gran escapada do avó. Teremos que agardar á tradución ou botarnos con atrevemento a ler o orixinal en inglés. Xa vos comentaremos.

Comentarios

  1. Anónimo10/28/2015

    Pois si é tentador coñecer esta historia e ao seu autor. Sermella ser un libro divertido. Un saúdo

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Aquí podes deixar o teu comentario que publicaremos en canto sexa revisado.

Publicacións populares deste blog

A túa opinión importa

Hai unhas poucas semanas colocamos na entrada da biblioteca unha bonita libreta de pasta dura cunha cara sorrinte para animar a todos os usuarios a deixar escrita a súa opinión e as súas suxerencias. Así que remate o curso imos recoller todas esas aportacións para incluílas no proxecto do vindeiro curso. Sabemos que a biblioteca necesita moita renovación, pero queremos coñecer as inquedanzas que hai para así decidir entre todos o camiño que debemos tomar.

Un cole cheo de detectives

Está a ter moito éxito entre os nenos e as nenas do colexio o xogo que lles propuxemos na biblioteca. Tirando proveito do libro Las aventuras de la mano negra , de Hans Jürgen Press (Espasa), pedimos que quen quixera xogar a ser detective se achegase á entrada da biblioteca para ler un capítulo do libro e buscar a resposta a unha pregunta final na ilustración que o acompaña. No tempo de recreo xúntanse moitos nenos que non paran de darlle voltas á cabeza. "Onde estará a pista?". Se o sabes tes que coller un papel e escribila xunto co teu nome. Logo debes botala na caixa negra. O venres será o día no que sacaremos da caixa un papeliño. Quen saia será o detective da seguinte semana. Desta primeira volta tocoulle en sorte tal honra a Antía Recarey, de cuarto de primaria. Noraboa e ánimo aos que aínda non se decidiron. A historia continúa.

Saúdos desde Baión

Benvidos e benvidas ao blogue da Biblioteca Escolar do CEIP de Sestelo-Baión. O curso está xa a puntiño de comezar e ao longo del iremos presentando as novidades que teñen por finalidade convertir a biblioteca nun espazo de animación á lectura e en centro de recursos útiles para o acontecer diario da nosa escola pública. Saúdos a todos e a todas!