Saltar ao contido principal

Grazas, detectives

Rematamos curso e rematamos tamén o concurso de detectives que estivemos a realizar durante os últimos meses aproveitando o libro Las aventuras de la mano negra, de Hans Jürgen Press. Publicamos dúas historias con 11 capítulos cada unha. E recibimos un total de 215 respostas ás preguntas coas que remataba cada un dos capítulos. Moitos nenos e nenas achegáronse durante estas semanas para pedirnos que o concurso se prolongase no vindeiro curso. E así o faremos. 
Agora chega un tempo de desconexión, e agardemos que tamén de inspiración para imaxinar e deseñar novas actividades de dinamización da biblioteca escolar. Vémonos en setembro.
Saúdos!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Saúdos desde Baión

Benvidos e benvidas ao blogue da Biblioteca Escolar do CEIP de Sestelo-Baión. O curso está xa a puntiño de comezar e ao longo del iremos presentando as novidades que teñen por finalidade convertir a biblioteca nun espazo de animación á lectura e en centro de recursos útiles para o acontecer diario da nosa escola pública. Saúdos a todos e a todas!

A túa opinión importa

Hai unhas poucas semanas colocamos na entrada da biblioteca unha bonita libreta de pasta dura cunha cara sorrinte para animar a todos os usuarios a deixar escrita a súa opinión e as súas suxerencias. Así que remate o curso imos recoller todas esas aportacións para incluílas no proxecto do vindeiro curso. Sabemos que a biblioteca necesita moita renovación, pero queremos coñecer as inquedanzas que hai para así decidir entre todos o camiño que debemos tomar.