Saltar ao contido principal

O primeiro caso está resolto

Xa quedou resolto o primeiro caso das aventuras deses catro rapaces que se deron en chamar "A man negra". Os detectives da semana durante estes once capítulos foron:


  • Antía Recarey
  • Xerome Vence (2)
  • Marta Morgade (2)
  • Elisa Tourís
  • Diego Poza
  • Martina Jueguen
  • Claudia Maneiro e Alba Barreiro
  • Olalla Otero
  • Martiño Pérez
Ánimo porque agora, e ata final de curso, iremos co segundo caso. Trátase dun roubo nunha casa. Temos que atopar os ladróns. Estade atentos aos capítulos que iremos colocando no taboeiro da biblioteca.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Saúdos desde Baión

Benvidos e benvidas ao blogue da Biblioteca Escolar do CEIP de Sestelo-Baión. O curso está xa a puntiño de comezar e ao longo del iremos presentando as novidades que teñen por finalidade convertir a biblioteca nun espazo de animación á lectura e en centro de recursos útiles para o acontecer diario da nosa escola pública. Saúdos a todos e a todas!

A túa opinión importa

Hai unhas poucas semanas colocamos na entrada da biblioteca unha bonita libreta de pasta dura cunha cara sorrinte para animar a todos os usuarios a deixar escrita a súa opinión e as súas suxerencias. Así que remate o curso imos recoller todas esas aportacións para incluílas no proxecto do vindeiro curso. Sabemos que a biblioteca necesita moita renovación, pero queremos coñecer as inquedanzas que hai para así decidir entre todos o camiño que debemos tomar.