Saltar ao contido principal

Un atlas para pasar a tarde




Hai libros que entran de tal xeito polos ollos que poderiamos estar toda a tarde pasando páxinas para adiante e para atrás, mirando abraiados os seus debuxos. O Atlas do Mundo de Aleksandra Mizielinska e Daniel Mizielinski, editado por Maeva, é un destes marabillosos libros. En 27 cm de ancho e 37 cm de alto, máis de 100 páxinas a cores, poderemos atopar mapas ilustrados dunha chea de países con exemplos da súa fauna, flora, costumes, persoas famosas, etc.

Con este libro non só podes aprender senón que tamén permite xogar, por exemplo, a buscar animais por parellas, averiguar bandeiras, etc.  Merece a pena que lle botedes unha ollada. Estamos seguros de que vos vai encantar.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Saúdos desde Baión

Benvidos e benvidas ao blogue da Biblioteca Escolar do CEIP de Sestelo-Baión. O curso está xa a puntiño de comezar e ao longo del iremos presentando as novidades que teñen por finalidade convertir a biblioteca nun espazo de animación á lectura e en centro de recursos útiles para o acontecer diario da nosa escola pública. Saúdos a todos e a todas!

A túa opinión importa

Hai unhas poucas semanas colocamos na entrada da biblioteca unha bonita libreta de pasta dura cunha cara sorrinte para animar a todos os usuarios a deixar escrita a súa opinión e as súas suxerencias. Así que remate o curso imos recoller todas esas aportacións para incluílas no proxecto do vindeiro curso. Sabemos que a biblioteca necesita moita renovación, pero queremos coñecer as inquedanzas que hai para así decidir entre todos o camiño que debemos tomar.