Un dos principais obxectivos deste ano escolar é iniciar a recatalogación dos fondos bibliográficos para permitir a súa mellor identificación. Así estamos a colocar os primeiros tellolos a algúns libros de contos da editorial Blume escritos polo francés Antoon Krings. O sistema polo que nós apostamos é o código de cores que propón a rede de bibliotecas da Xunta de Galicia: azul nos libros axeitados para pre-lectores, vermello para os de 6, 7 e 8 anos; e verde para os de 9, 10 e 11 anos de idade. A primeira liña do tellolo indica o grupo xenérico ao que pertence e a lingua na que está escrito. Así N-C refírese a narrativa en castelán. Na segunda liña aparecen en maiúsculas as primeiras tres letras do apelido do autor. É isto o que se utiliza para ordenalos nos andeis. Por último, na terceira liña, incluímos as tres primeiras letras do título. Postos os alicerces da catalogación física queda por diante un traballo longo que permitirá atopar os libros con maior facilidade e que axuda...