Os libros da raíña Trotamundos son verdadeiramente fermosos. Con ela podemos viaxar por diversos países do mundo e coñecer os seus costumes. As ilustracións son moi vistosas e ademais son libros de pastas duras. A editorial Combel acertou de cheo con esta colección chamada Caballo loco pois non só entreteñen senón que favorecen a integración e o multiculturalismo nos colexios.
Temos os catro volumes da colección na biblioteca do centro. Están á vosa disposición para empréstimo e para consulta. Non vos defraudarán!
Comentarios
Publicar un comentario
Aquí podes deixar o teu comentario que publicaremos en canto sexa revisado.