Hai libros que entran de tal xeito polos ollos que poderiamos estar toda a tarde pasando páxinas para adiante e para atrás, mirando abraiados os seus debuxos. O Atlas do Mundo de Aleksandra Mizielinska e Daniel Mizielinski, editado por Maeva, é un destes marabillosos libros. En 27 cm de ancho e 37 cm de alto, máis de 100 páxinas a cores, poderemos atopar mapas ilustrados dunha chea de países con exemplos da súa fauna, flora, costumes, persoas famosas, etc. Con este libro non só podes aprender senón que tamén permite xogar, por exemplo, a buscar animais por parellas, averiguar bandeiras, etc. Merece a pena que lle botedes unha ollada. Estamos seguros de que vos vai encantar.