Unha das principais carencias da biblioteca que estamos tratando de paliar é a falta de fondos para investigación que resulten actuais, rigurosos, atractivos e adaptados ás necesidades do noso alumnado. O proxecto a longo prazo contempla dedicar a metade da biblioteca a este tipo de recursos e organizalos nos andeis seguindo a Clasificación Decimal Universal, é dicir, por áreas de coñecemento.
Hai unhas semanas adquirimos unha colección de libros sobre ciencia da editorial Everest que nos pareceron axeitados para os nosos propósitos porque son lixeiros, fáciles de ler e veñen cheos de curiosidades científicas. Esta mañá xa foi emprestado o que trata sobre as construcións. Animamos a consultalos pois hainos sobre máquinas, climas, astros, comunicacións, transportes, etc.
Comentarios
Publicar un comentario
Aquí podes deixar o teu comentario que publicaremos en canto sexa revisado.